Publicador de contidos
Publicador de contidos

"Imos ter un número de profesores superior ao curso precovid-19"

"Imos ter un número de profesores superior ao curso precovid-19"

Román Rodríguez di que a aplicación da LOMLOE se fixo de xeito caótico

O conselleiro de Educación culpa ao Ministerio do atraso dos currículos
G24.gal 06/09/2022 11:38

A aplicación da LOMLOE neste novo curso escolar está provocando que nun mesmo centro educativo convivan dúas leis educativas diferentes. Para o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, o atraso na tramitación da parte dos currículos escolares que lle corresponde ao Ministerio explica que o curso comezase sen telos aprobados. Con todo, asegura que o día 8 xa estará aprobado o de infantil.

Nunha entrevista no programa Bos días, o conselleiro dixo que a aplicación da nova lei educativa se fixo de xeito atropelado, precipitado e caótico e que provocou inquedanza e unha chea de problemas, dixo, en todos os centros educativos de todas as comunidades autónomas. 

Román Rodríguez nega que houbese un recorte do número de profesores. Asegura que este curso vai haber un número superior de profesorado ao momento prepandémico. Tamén dixo que este ano hai 15.000 alumnos menos en infantil e primaria e que a consellería traballa para facer unha adecuación dos cadros de persoal ás dinámicas demográficas. 

O conselleiro salientou que o 75 % dos alumnos galegos teñen os libros gratuítos e calculou que nos vindeiros días se solucionará o atraso na chegada dos libros de texto ás librarías. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar