Publicador de contidos
Publicador de contidos

"Facer de España unha economía sostible, que medre e chegue a todos", obxectivos do país para Ana Pastor

"Facer de España unha economía sostible, que medre e chegue a todos", obxectivos do país para Ana Pastor

A deputada do PP e exministra de Sanidade e Fomento apunta como eixos da "axenda para España" na terceira xornada do Foro La Toja 

G24.gal 30/09/2023 11:39 Última actualización 30/09/2023 15:21

A deputada do PP no Congreso e exministra de Sanidade e Fomento en executivos de José María Aznar e Mariano Rajoy, Ana Pastor, afirma que "facer de España unha economía sostible", que "medra" e "que chegue a todos" é o eixo sobre o que xira o relatorio Unha axenda para España, desenvolvido na terceira e derradeira xornada do Foro La Toja. 

No relatorio, ademais de Pastor, participan o presidente de Indra, Marc Murtra; o presidente de Marsh España, Pablo Trueba, así como o presidente de AstraZeneca España, Rick R. Suárez.

Segundo explicou Pastor nunha entrevista no Galicia por diante fin de semana da Radio Galega, no relatorio abordarán "o papel que ten a innovación, a tecnoloxía, a intelixencia artificial, todo o que está a transforma a economía e a sociedade para facer de España unha economía sostible e sobre todo esa economía que creza, que chegue a todos", así como tamén falar dos "riscos" que supón. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar