Publicador de contidos

Publicador de contidos

"Estamos en condicións de facer algúns dos mellores viños do mundo"

"Estamos en condicións de facer algúns dos mellores viños do mundo"

O novo dono da adega Sanclodio planea a conquista dos mercados internacionais

Manter o equipo humano da adega e seguir producindo con uvas autóctonas do Ribeiro, son para el as claves para medrar

G24.gal 23/06/2022 20:31

Leva só dous meses á fronte dunha das adegas máis importantes do Ribeiro, pero ten xa proxectos para toda unha década. Carlos Moro toma a remuda de José Luis Cuerda mantendo o seu equipo, pero ampliando horizontes coa incorporación de novas parcelas e a procura de novos mercados.

"Temos a mellor xente, o mellor equipo vitícola, enolóxico e de enxeñeiros. Cuerda fixo un viño fantástico e o que está ben non hai que tocalo. Entón con estas viñas, con esta adega e este equipo humano estamos en condicións de facer algúns dos mellores viños do mundo", di Carlos Moro, propietario da adega Sanclodio.

A clave para conseguilo será manter a calidade do viño usando só as variedades autóctonas. As mesmas coas que se facía o Ribeiro hai séculos.

"O Ribeiro xa se levou a América na época de Colón, era un dos viños clásicos xunto con Toro. Ribeiro foi unha das tres primeiras denominación de orixe de España, xunto con Jerez e Rioja. Este movemento de recuperar o autóctono nas variedades e a busca da calidade desas uvas que estaban adaptadas aquí dende séculos foi un movemento moi interesante e iso púxoo en marcha o enólogo de San Clodio", engade.

Carlos Moro ten adegas de prestixio en toda España. San Clodio é a segunda que merca en Galicia, pero algo nos fai pensar que non será a última. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos