Publicador de contidos

Publicador de contidos

"E se non aparece? Imos estar así toda a vida?"; a boa perdida en Ferrol non dá sinais de vida

"E se non aparece? Imos estar así toda a vida?"; a boa perdida en Ferrol non dá sinais de vida

Un herpetólogo dixo que o animal podería "estar debaixo do frigorífico" na procura de calor, amáis de facer un chamamento á calma

G24.gal 15/05/2023 16:10

En Ferrol, continúa a busca da serpe desaparecida o mércores pasado. E ao parecer, o seu dono, que a semana pasada insistía en que a boa non é perigosa, está tan afectado que hai un par de días que non se sabe del.

Algúns veciños comentan que marchou de vacacións por mor da tensión que lle produciu a desaparición da súa mascota e tamén toda esta situación. Unha decisión que non entenden, porque agora di que son eles os que quedan aquí preocupados e sen saber que facer porque ninguén lles achega información ao respecto.

Cinco días despois ninguén sabe nada do paradoiro da boa albina de dous metros que vivía no segundo andar do inmoble. Pedro reside no terceiro e di que soubo dela só dous días antes.  

"Asusta! Abro as portas e miro a ver se está... E xa cando vas facer as túas necesidades, e mirando, non sexa que che apareza...", asegura.

Coma Pedro, outros moitos veciños tomaron medidas por se a boa saíu da casa e repta polas canalizacións ata as súas vivendas.

"No váter poñemos unha cousa forte, por se acaso", explica outro veciño como fai para evitar que a tapa do inodoro se poida abrir.

E mentres no barrio da Magdalena medran a preocupación e a tensión. Séntense impotentes porque ao parecer o dono da serpe estresouse e marchou de vacacións.

"E se non aparece? Imos estar así toda a vida?", di Pedro.

Debaixo do frigorífico

O herpetólogo Lolo Rico, que acompañou aos policías, avanzou que podería estar "debaixo do frigorífico buscando calor" nos depósitos de auga da casa e subliñou que non "sería imposible" que chegase aos sumidoiros, pero expresou que non "sería unha reacción normal".

Desta forma, manifestou que se "atopa un foco de calor podería resistir semanas" e avogou pola "tranquilidade" para dicir que se "alguén lle ten medo" debe saber que non "lle vai a facer dano".

En todo caso, advertiu que se a boa é golpeada cabe a posibilidade de que lle "solte un bocado" ao atacante: "Sería como unha mordedura dun gato ou un can pequeno, non é agresiva; o animal é exótico, chama a atención e ao ser unha serpe xera alarma social, pero eu durmiría perfectamente tranquilo". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade