'Do mar vívese': campaña da Xunta para informar os turistas de que non poden apañar o marisco das praias

4.000 familias viven do marisqueo en Galicia
Cada verán baixan os seus ingresos polo "furtivismo de traxe de baño"
Os areais cheos este verán fan que volva con forza o "furtivismo de bañador". Agora, a nova campaña da Xunta de Galicia 'Do mar vívese' quere facerlles ver aos turistas que o marisco das praias non se pode apañar.
Durante o verán, as case 4.000 familias que viven do marisqueo en Galicia obteñen un terzo dos seus ingresos anuais. Uns beneficios que se minguan cada ano debido ao "furtivismo de traxe de baño". A Xunta puxo en marcha a campaña 'Do mar vívese' para informar e concienciar deste problema.
As mariscadores de a pé levan anos advertindo aos turistas de que o marisco que buscan na praia ten dono que o sementa e o coida día a día.
Ademais das consecuencias legais apañar marisco na praia atenta contra a saúde pública, xa que pode non ser apto para o consumo. Polo tanto, da praia o único que podemos e debemos levar para casa é o noso propio lixo.