Calvos de Randín marca o récord de frío en Galicia este martes, con -5,7 ºC
Ourense e Lugo rexistran temperaturas baixo cero nas primeiras horas da mañá
A Aemet tamén ten aviso amarelo por néboa no centro da provincia lucense
O municipio ourensán de Calvos de Randín rexistrou a temperatura mínima de Galicia e do país este martes con -5.7 ºC ás 09:10 horas, segundo os datos de MeteoGalicia.
Así mesmo, noutras localidades da provincia de Ourense, como Xinzo de Limia e Verín, chegouse aos -3,7 ºC e -3,5 ºC respectivamente.
"Estaba todo conxelado, caeu unha xeada moi grande!" declara unha residente de Limia.
Ademais, a néboa aumenta a sensación de frío en Ourense. Esta mañá está moi fría, e coa néboa que está baixando que non deixa despexar o sol..., entón temos que andar moi abrigados", di un ourensán.
Na provincia de Lugo tamén se rexistraron temperaturas extremas durante a mañá deste luns, xa que Sarria rexistrou -3,9 ºC e Guitiriz, -3,2 ºC.
Galicia tamén ten o mesmo nivel de aviso da Aemet -amarelo- por néboa con visibilidade de 200 metros ata as 23:59 horas no centro da provincia de Lugo.