Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alba Rodríguez-Saavedra, investigadora: "Ruth Matilda reforza as súas fotos cos poemas de Rosalía para falar do invisible: a vida das campesiñas"

Alba Rodríguez-Saavedra, investigadora: "Ruth Matilda reforza as súas fotos cos poemas de Rosalía para falar do invisible: a vida das campesiñas"

Os poemas de Rosalía foron traducidos como paratextos no libro Gallegan provinces of Spain. Pontevedra and La Coruña.

Nesa publicación, Ruth Matilda Anderson desbarata o retrato costumista, vitimista e laiante de Rosalía

A fotógrafa americana realizou a maior tradución ao inglés de textos da poeta ata 1964
 

G24.gal 01/03/2022 16:36

No 1939 The Spanish Society of America publicou o libro Gallegan Provinces of Spain. Pontevedra and La Coruña e nel aparecen o maior número de traducións ao inglés de textos de Rosalía. Nunca, ata agora, se dera conta desta circunstancia. A información está publicada, como traballo de investigación, na revista Viceversa da Universidade de Vigo, coa sinatura da tradutora e investigadora Alba Rodríguez-Saavedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade