O Rácing non se fía da mala situación do Huesca (Domingo/21:00h)

Cristóbal mantén os pés na terra na previa da súa visita a territorio oscense

G24.gal 09/12/2023 13:15 Última actualización 09/12/2023 14:02

O Rácing de Ferrol visita o Alcoraz (domingo ás 21:00 h) para enfrontar un Huesca que se atopa en postos de descenso. Cada equipo chega a este compromiso con dinámicas moi diferentes, os ferroláns suman sete xornadas consecutivas sen perder, mentres que o equipo oscense acumula dúas derrotas seguidas. Na previa do encontro, Cristóbal pide calma e non se fía das dinámicas:

"Os resultados danche confianza pero non che garanten nada. Se despois non volves poñer toda a carne no asador, podes pegar un batacazo. Hai confianza, crese no que se está a facer, pero logo hai que poñer todo no campo para poder sacar algo positivo".                      

O adestrador cordobés indicou tamén a necesidade de non confiarse pese a que o rival se sitúa moi por debaixo na clasificación.

"Se alguén pensa que isto pode ser fácil está moi equivocado. É un equipo que trocou de adestrador, que está competindo cada partido, como no campo do Zaragoza ou contra o Español na casa. Os seus resultados son moi axustados e moi competidos".       

Por último, Parralo salientou os resultados do seu propio equipo, afirmando que pese á gran cantidade de puntos coa que contan "os resultados tampouco son como para tirar foguetes".                                                                                      

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade