Cargando resultados...
Mary Quintero: "O que máis me gusta da profesión é amosar a personalidade do fotografado"
Filla de fotógrafos, Mary Quintero naceu en Melide hai 92 anos e comezou a traballar no estudio paterno de Lugo
Retratou moita xente anónima, tamén artistas e políticos e gustaba do atrezzo e decoración
A imaxinación no interior dun estudio. Mary Quintero. Ata o 19 xaneiro no Museo do Mar de Vigo
G24.gal
14/11/2023 15:01
Última actualización 14/11/2023 16:22
A melidense Mary Quintero soubo compaxinar a súa carreira de fotógrafa, profesión que herdou dos seus pais, coa crianza de catro fillos. Cando empezou, era muller nunha profesión maioritariamente masculina, pioneira en moitas cousas.
Hoxe, aos seus 92 anos, o Museo do Mar de Vigo homenaxea a súa longa traxectoria cunha mostra titulada 'A imaxinación no interior dun estudo´, catro paredes entre as que experimentou sen poñerse límites.