Publicador de contidos

Contido coa etiqueta paro transportistas .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta paro transportistas .

Paro Transportistas

Desconvocan o paro indefinido de transportistas en apoio aos agricultores

13/02/2024 00:51

A Plataforma Nacional para a Defensa do Transporte de Mercadorías por Estrada, minoritaria no sector, dá marcha atrás aos dous días de convocalo

Limítase a comunicar que nas vindeiras horas dará as declaracións e explicacións correspondentes


Os transportistas de mercadorías por estrada ameazan con outro paro indefinido

18/01/2024 14:23

Os transportistas que paralizaron a cadea loxística hai dous anos ameazan con outro paro indefinido do sector

A plataforma acusa o Goberno de ignoralos

O ministro respóndelles que haberá reunión, pero sen concretar data


Os transportistas suspenden o paro tras dous días de escaso seguimento

15/11/2022 13:55

A Plataforma Nacional para a Defensa do Sector do Transporte argumenta que se enfronta a unha "campaña sen descanso de acoso e derruba"


O paro no transporte arrinca sen forza en Galicia

14/11/2022 09:40

Escaso seguimento nas primeiras horas da folga de transportistas na comunidade

A gran patronal do sector do transporte non ve motivos para facer folga

A plataforma participará nunha mobilización que chegará ao Ministerio de Transportes


Escaso seguimento do paro dos transportistas autónomos en Galicia

13/11/2022 21:03

Sen incidentes nas primeiras horas do paro do transporte que non apoia a patronal

A plataforma convocante do paro é minoritaria, agrupa autónomos e pequenas empresas

A folga podería custar uns 600 millóns de euros ao día á economía española


O Comité Galego do Transporte desvincúlase do paro no sector convocado a partir da próxima medianoite

13/11/2022 11:19

FETRAM, integrada no colectivo galego, asegura que o paro agora é insostible e non beneficia nin as empresas nin a sociedade


O monocasco Prestige, antes do seu afundimento

Diego Calvo: "Ante unha catástrofe parecida á do Prestige a resposta ía ser moi distinta. Aprendemos moito"

13/11/2022 10:54

O vicepresidente segundo da Xunta admite preocupación ante o paro de camioneiros convocado en España e pide esforzos para desconvocalo

Calvo agarda "transparencia e educación" por parte do Goberno na reunión na que Transportes explicará as causas do colapso do viaduto da A-6

Calvo defende o proceso disciplinario aberto contra os edís populares de Sada impulsores da censura ao rexedor 


O buque Alppila descarga millo ucraíno no porto da Coruña

O Goberno reforza en portos e polígonos a vixilancia pola folga do transporte

12/11/2022 19:46

A Plataforma para a Defensa do Transporte, minoritario no sector, convocou un paro indefinido a partir do luns


A plataforma de transportistas que convoucou o paro pide ao Goberno un acordo por escrito para desconvocalo

10/11/2022 14:57

A Plataforma Nacional en Defensa do Sector do Transporte mantén a súa convocatoria de paro indefinido a partir do luns tras reunirse con representantes do Ministerio de Transportes

Piden reforzar a seguridade en portos e centros de distribución 


Piden reforzar a seguridade en portos e centros de distribución ante o paro do transporte

10/11/2022 14:36

O sector pesqueiro cre a protesta non terá moita repercusión en Galicia, pero por se acaso estes días as superficies comerciais fixeron abasto de produto


Fenadismer desinfla a folga do transporte ao decidir por unanimidade desmarcarse do paro

09/11/2022 14:55

A Federación do Transporte non ve "motivos xustificados" para a folga


A patronal galega do transporte asegura que en Galicia non haberá paro

08/11/2022 09:39

O secretario xeral de FEGATRAMER, José Carlos García Cumplido, prevé que o paro do transporte que organizou a Plataforma Nacional a partir do domingo á noite non terá repercusión ningunha


Os transportistas convocan un paro indefinido a partir do luns: que demandan?

07/11/2022 22:26

Poñen o foco na lei de custos e  esixen que se dea validez a todas as denuncias das organizacións de transportes e de calquera afectado

O Goberno di que fará todo o posible para que non haxa paro


O Goberno di que fará todo o posible para que non haxa paro do transporte

07/11/2022 12:32

Os transportistas denuncian incumprimentos da lei de custos e acusan ao Goberno de pasividade

A ministra admite "desaxustes" pero reivindica as melloras no sector


A Plataforma en Defensa do Transporte anunciará este luns se volve á folga

06/11/2022 21:01

Considera "insuficientes" as medidas postas en marcha polo Goberno  

Asegura que o sector está a pasar por unha "difícil situación"

Denuncia o incumprimento da lei que prohibe traballar a perdas no sector 


Os transportistas non pararán o día 30, pero advirten de que só é unha suspensión do paro

27/06/2022 14:23

A maioría das asembleas votou en contra e dan marxe á negociación


División entre transportistas ante a posibilidade dun novo paro de camións

27/06/2022 09:17

Os tranportistas amósanse moi divididos ante a posibilidade de convocar de novo un paro nos

28 delegacións da Plataforma en Defensa do Transporte votaron se retomaban o paro do sector

División entre os transportistas sobre o paro do sector ao que Galicia votou si

26/06/2022 21:25

A delegación galega agarda a decisión conxunta da plataforma a nivel estatal

As delegacións que rexeitaron o paro argumentan que o Ministerio comprometeuse a negociar o borrador coa plataforma

 

 


Os transportistas votan o paro do sector nos próximos días

A delegación galega da Plataforma en Defensa do Transporte aprobou o paro no sector

26/06/2022 14:36

Apetamcor e a Federación Galega de Transporte de Mercadorías non apoian os paros

A decisión queda pendente da votación da Plataforma a nivel estatal


Comeza o toque de recollida ordenado polo presidente peruano en Lima e Callao

05/04/2022 09:18

A medida foi adoptada polo Consello de Ministros en resposta ao paro de transportistas, que fixo unha semana este luns


A folga que case colapsa o país

04/04/2022 16:24

Dúas semanas de paro do transporte fan tremer a economía española

Galicia, moi dependente do sector primario, entre as máis afectadas


Manuel Hernández, voceiro da Plataforma

A plataforma de transportistas suspende o paro temporalmente

02/04/2022 19:59

O voceiro, Manuel Hernández, advirte de que é unha tregua para organizarse

Farán un seguimento para que os operadores non impoñan prezos abusivos


Camións durante unha mobilización do sector

Os transportistas suspenden "temporalmente" o paro despois de 20 días

02/04/2022 13:55

Malia a decisión anuncian que haberá novos paros en próximas datas


Dous transportistas detidos por acosar e ameazar un compañeiro durante o paro do transporte

01/04/2022 09:23

Apedráronlle o vehículo ata en tres ocasións e cando estaba descansando nunha área de servizo picáronlle varias rodas do camión

Categorías:  Galicia   Lugo   Sucesos

Fegatramer dá por terminado o paro no transporte e anima a subir portes

31/03/2022 16:24

A federación maioritaria en Galicia cre que as medidas do Goberno non serán suficientes


Manteñen o paro do transporte, pero as estradas recuperan o 95 % do tráfico pesado habitual

29/03/2022 15:01

Manuel Hernández: "É un paro obrigatorio, estamos moito peor que cando empezamos"

A vicepresidenta económica insta aos convocantes a recuperar a actividade: "Hai un bo acordo"


O ERTE afecta a maioría dos 136 traballadores

A fábrica de Guidoni de Narón pacta un ERTE por falta de material

29/03/2022 12:57

A falta de material derivado polo paro de transporte levou

Os transportistas convocadores do paro esixen que se lles garanta unha rendibilidade mínima

28/03/2022 14:48

Marchas lentas nos accesos a Madrid e Barcelona, e presenza de piquetes no acceso ao porto de Bilbao

A ministra de Transporte: "Invito a que lean o acordo porque recolle todas as súas reivindicacións"

Os paros fan 15 días, pero a patronal do sector di que xa hai practica normalidade nas estradas españolas


Os transportistas volveron ás marchas na comarca de Ferrol (EFE/Kiko Delgado)

Perde forza o paro en Galicia, cos transportistas máis divididos

28/03/2022 14:06

Organizaron unha marcha lenta cos seus camións por Ferrol, Fene, Narón e Neda

Algúns folguistas deciden volver traballar, pero outros manteñen o paro

Os transportistas convocadores do paro esixen que se lles garanta unha rendibilidade mínima


Transportistas da Coruña denuncian a contratación de camións portugueses para sortear o paro

28/03/2022 08:47

Unha parte dos membros de ASCENTRA acordou volver ao traballo por medo a perder contratos



Un cento de empresas galegas aplicaron un ERTE dende o inicio da guerra

27/03/2022 10:56

O vicepresidente segundo da Xunta asegura que a provincia de Pontevedra é a máis afectada pola conxuntura económica

Francisco Conde aféalle ao Goberno "falta de cintura" na negociación coa Plataforma de Transportistas convocante do paro  

Agarda que no Consello de Ministros do martes se dean "certezas" e se concreten medidas para paliar a "situación crítica" actual


Disparidade de criterio no sector do transporte galego sobre o paro

26/03/2022 21:52

A Asociación Coruñesa de Empresarios do Transporte acordou continuar co paro indefinido

A Federación Galega de Transporte de mercadorías, o 52 % do sector, non apoia as protestas


A asociación de transportistas autónomos da Coruña mantén o paro

26/03/2022 14:29

Esixen medidas que garantan de xeito inmediato a viabilidade da súa actividade


Os transportistas manteñen o paro indefinido tras a reunión coa ministra

25/03/2022 19:24

Aseguran que non cubren custos para non contratar a perdas

Raquel Sánchez avanzou que podería ter un borrador de lei nun par de meses, pero a plataforma solicita medidas urxentes

 


O paro dos transportistas reduce nun 60 % a chegada do material sanitario

25/03/2022 14:28

Hai preocupación no Sergas, aínda que, polo de agora, garanten a subministración cos stocks almacenados


A Xunta di que o acordo cos transportistas chega tarde

25/03/2022 12:47

A conselleira de Infraestruturas lembra que o paro continúa e fala de danos irreparables para moitos sectores


O presidente da Plataforma pola Defensa do Transporte chega ao Ministerio para reunirse con Raquel Sánchez (EFE/Mariscal)

Raquel Sánchez reúnese cos transportistas convocadores do paro

25/03/2022 10:13

Centos de transportistas achegáronse de todas as partes de España para manifestarse diante do Ministerio de Transportes



Acordo entre o Goberno e as patronais do transporte que inclúe descontos no carburante

25/03/2022 03:05

20 céntimos por litro, polo menos ata o 30 de xuño

Hai tamén 450 millóns de euros en axudas directas

Os transportistas examinan o acordo para decidir se manteñen ou non o paro

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 56 resultados.