Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous transportistas detidos por acosar e ameazar un compañeiro durante o paro do transporte

Dous transportistas detidos por acosar e ameazar un compañeiro durante o paro do transporte

Apedráronlle o vehículo ata en tres ocasións e cando estaba descansando nunha área de servizo picáronlle varias rodas do camión

G24.gal 01/04/2022 09:23

En Lugo, deteñen dous transportistas e identifican outros dous por ameazaren e acosaren un compañeiro que non quixo deter o seu camión durante o paro.

Segundo transcendeu da súa denuncia, fixéronlle a vida imposible. Os agora detidos mesmo chegaron a ameazalo cunha navalla. Montaron un dispositivo por WhatsApp para facer un seguimento dos seus desprazamentos.

Bloquearon o seu camión na autovía cando se dispuña a iniciar unha das rutas habituais fóra de Galicia. Por temor, o transportista volveu á base do servizo de paquetería onde traballa. Horas máis tarde conseguiu saír co camión grazas á escolta policial, pero o acoso e amezas non cesaron.

Apedráronlle o vehículo ata en tres ocasións e cando estaba descansando nunha área de servizo picáronlle varias rodas do camión. Hai dúas persoas detidas e outras dúas identificadas como presuntos autores destes feitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar