Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os transportistas convocadores do paro esixen que se lles garanta unha rendibilidade mínima

Os transportistas convocadores do paro esixen que se lles garanta unha rendibilidade mínima

Marchas lentas nos accesos a Madrid e Barcelona, e presenza de piquetes no acceso ao porto de Bilbao

A ministra de Transporte: "Invito a que lean o acordo porque recolle todas as súas reivindicacións"

Os paros fan 15 días, pero a patronal do sector di que xa hai practica normalidade nas estradas españolas

G24.gal 28/03/2022 14:48

Van 15 días de paros consecutivos e, polo momento, non van retomar o traballo. A Plataforma Nacional pola Defensa do Transporte por Estrada rexeita o acordo da patronal co Goberno, e pide manter a mobilización porque entende que están na recta final do conflito.

"Non nos solucionan absolutamente nada, non pedimos cartos nin subvencións. Que cando vaiamos arrancar os camións sexa para cubrir os nosos gastos", di o líder da Plataforma.

En Madrid, camioneiros da plataforma volveron concentrarse fronte ao estadio Wanda Metropolitano e iniciaron unha marcha lenta pola A-2, que provocou retencións de sete quilómetros. En Barcelona, uns 70 transportistas autónomos cortaron a pé a Ronda Litoral. É o cuarto día laborable que cortan este acceso á Zona Franca da capital catalá. En Bilbao, a primeira hora piquetes informativos intentaban disuadir os camioneiros que accedían ao porto para traballar.

A ministra de Transportes insiste en que as medidas pactadas dan resposta aos problemas que denuncia a plataforma, polo que considera que non hai motivos para seguir cos paros: "Apelo a que eses transportistas lean o acordo, porque de verdade recolle todas esas reivindicacións, e que poidamos recuperar a normalidade o antes posible".

A principal patronal do sector do transporte de mercadorías observa que o volume de camións nas estradas españolas é moito maior que o de días pasados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar