Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno reforza en portos e polígonos a vixilancia pola folga do transporte

O Goberno reforza en portos e polígonos a vixilancia pola folga do transporte

A Plataforma para a Defensa do Transporte, minoritario no sector, convocou un paro indefinido a partir do luns

O buque Alppila descarga millo ucraíno no porto da Coruña O buque Alppila descarga millo ucraíno no porto da Coruña
G24.gal 12/11/2022 19:46 Última actualización 12/11/2022 22:00

A Delegación do Goberno en Galicia activou un dispositivo de reforzo de vixilancia en portos e polígonos industriais para garantir  "o dereito a traballar de transportistas e a subministración a puntos de venda e áreas comerciais" durante o paro indefinido convocado pola Plataforma para a Defensa do Transporte a partir do luns.

Segundo o delegado do Goberno, José Miñones, despregaranse medios tamén noutras zonas de especial importancia loxística, como supermercados ou grandes áreas. O operativo comezará de madrugada pero non se concretou o número de axentes que van participar.

A Subdelegación do Goberno en Lugo avanzou que a Policía Nacional e a Garda Civil reforzarán a súa presenza nas vías de comunicación principais da provincia, nos accesos aos polígonos industriais e nos portos de Burela e Celeiro.

No caso de Pontevedra, os dispositivos especiais terán lugar nos portos de Vigo, Marín e Vilagarcía de Arousa. Tamén nos polígonos industriais con maior actividade relacionada co transporte de mercadorías.

Na Coruña e Ourense non se especificaron zonas concretas, pero si confirman que se reforzará a vixilancia e despregarán axentes en zonas de especial importancia loxística.

Asociacións de cargadores, a patronal loxística UNO e o Comité Nacional do Transporte por Estrada (CNTC), así como algúns dos seus membros, (CETM e Astic, entre eles), xa deron a coñecer o seu malestar e desacordo coa convocatoria deste colectivo minoritario no sector.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade