Publicador de contidos

Contido coa etiqueta jennifer hermoso .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta jennifer hermoso .

Jennifer Hermoso

O expresidente da RFEF, Luis Rubiales, ofrece declaracións aos medios na Audiencia Nacional, o pasado 17 de maio en Madrid (Eduardo Parra / Europa Press).

O xuízo a Rubiales polo bico non consentido arrincará o 3 de febreiro de 2025

17/06/2024 12:32

Tamén sentarán no banco outros tres acusados de coaccionar a xogadora para que xustificase a actuación do expresidente da RFEF: o exdirector deportivo da selección masculina, o adestrador da feminina e quen foi responsable de Márketing da Federación


Luis Rubiales á súa saída da Audiencia Nacional este venres (Europa Press/Eduardo Parra)

Rubiales volve acusar a Jenni Hermoso de cambiar a súa versión sobre o bico

17/05/2024 11:35

"Eu vou seguir mantendo a miña versión desde o principio ata o final, porque é a verdade", dixo Rubiales tras recoller na Audiencia Nacional a resolución que o envía a xuízo por presuntos delitos de agresión sexual e coaccións á futbolista


Rubiales no Xulgado de Majadahonda o 29 de abril / Europa Press

Rubiales irá a xuízo oral polo bico non consentido a Jenni Hermoso

08/05/2024 19:19

A Audiencia Nacional dálle un prazo de 24 horas para presentar dúas fianzas: 65.000 euros pola acusación de agresión sexual e outros 65.000 en conxunto cos outros acusados por coaccións

Arbert Luque, Jorge Vilda e Rubén Rivera tamén irán a xuízo por un delito de coaccións


Luis Rubiales irá a xuízo polo bico a Jenni Hermoso

22/04/2024 10:50

A Audiencia Nacional rexeita os recursos dos investigados e confirma os indicios da comisión de delitos contra a liberdade sexual e coaccións


A fiscalía pide dous anos e medio de cárcere para Rubiales polo bico e as coaccións a Jenni Hemoso

28/03/2024 14:29

Un ano por un delito de agresión sexual e ano e medio por un delito de coaccións


A Fiscalía pide 2 anos e medio de prisión para Rubiales por agresión sexual a Jenni Hermoso

27/03/2024 14:59

O Ministerio Fiscal trasladou á Audiencia Nacional o seu escrito de conclusións provisionais no que tamén pide condenas para outros tres responsables federativos


Montse Tomé nega que recibise presións da Federación para non convocar a Jenni Hermoso

02/02/2024 13:13

A adestradora da selección feminina de fútbol negou este venres que o seu predecesor, Jorge Vilda, ou alguén da Federación influísen na súa decisión de non convocar a Jenni Hermoso


Jenni Hermoso tras declarar na Audiencia Nacional (EFE/Mariscal)

Jenni Hermoso ratifica ao xuíz que o bico de Rubiales non foi consentido e sufriu presións

02/01/2024 12:56

A futbolista declarou na Audiencia Nacional que o bico "foi inesperado e en ningún momento consentido"

Tamén afirmou que despois, tanto o voo de volta a España como na súa estancia en Eivisa, os investigados "metéronlle presión" de forma constante


A xogadora da selección feminina española de fútbol Laia Codina, despois de declarar por videoconferencia desde os xulgados de Pontevedra, polo caso Rubiales, que leva o Xulgado Nº 1 da Audiencia Nacional. (EFE / Salvador Sas)

Codina apoia a Jenni Hermoso e confirma presións polo bico non consentido de Rubiales

01/12/2023 12:17

A xogadora da selección declara unha hora nos xulgados de Pontevedra como testemuña do caso Rubiales


O xuíz cita a declarar a Jenni Hermoso o vindeiro martes polo caso Rubiales

22/11/2023 13:13

A xogadora da selección xa deu a súa versión dos feitos ante a Fiscalía o pasado 5 de setembro, que acabou presentando unha querela contra Rubiales tras escoitar a futbolista


Jenni Hermoso asegura que chegou "a recibir ameazas"

06/11/2023 18:18

A xogadora madrileña agradeceu as mostras de apoio que recibiu tanto ela como o resto de internacionais


A FIFA inhabilita durante tres anos a Luis Rubiales

30/10/2023 12:27

O máximo organismo futbolístico mundial reitera o seu compromiso absoluto de "respectar e protexer a integridade de todas as persoas e garantir que se respecten as regras básicas dunha conduta decente"

Rubiales apelará: "Chegarei ata a última instancia"



O exseleccionador Jorge Vilda, á súa chegada a Audiencia Nacional (EFE/ Javier Lizón)

O exseleccionador Jorge Vilda nega que coaccionase a Jenni Hermoso

10/10/2023 12:38

O exseleccionador de fútbol feminino e o director de Márketing da Federación Española de Fútbol, Rubén Rivera, negaron ante o xuíz que coaccionasen a futbolista para que dixese que o bico de Rubaies fora consentido

Vilda negou que recibise instrucións ou que lle metese presión ao irmán da xogadora, aínda que si que recoñeceu que se achegou para falar con el no avión de volta do Mundial


Jenni Hermoso, ante a Fiscalía: "Non merezo ter vivido todo isto"

10/10/2023 07:42

Sae á luz a declaración da xogadora na Audiencia Nacional

Asegura que o bico non foi consentido e que se sentiu "violentada ou violada"


Rubiales implica a Vilda: "Díxome que falou co irmán de Jenni, 'un tío razoable'"

04/10/2023 11:46

O expresidente da RFEF recoñeceu na Audiencia Nacional que lle pediu a Jenni saír para dar explicacións: "Acabamos con isto, que isto vaime facer moito dano"


Alexia Putellas, Irene Paredes e Misa Rodríguez confirman ao xuíz as presións a Jenni Hermoso

02/10/2023 13:43

Ningunha delas accedeu a atender os medios que as esperaban ás portas dos órganos xudiciais


Foto EFE

Alexia Putellas, Irene Paredes e Misa Rodríguez declaran ante o xuíz do caso Rubiales

02/10/2023 13:29

Dúas comparecerán por videoconferencia e unha, de forma presencial

Preguntaranlles tanto polo bico non consentido a Jenni Hermoso como sobre as supostas coaccións durante a celebración do Mundial

Categorías:  Deportes   Fútbol
Etiquetas:  JENNIFER HERMOSO

Alexia Putellas, Irene Paredes e Misa Rodríguez declararán ás dez da mañá como testemuñas

Tres xogadoras da selección declaran ante o xuíz do caso Rubiales

02/10/2023 08:47

Dúas comparecerán por videoconferencia e unha de forma presencial

Serán preguntadas tanto polo bico non consentido a Jenni Hermoso como sobre as supostas coaccións durante a celebración do Mundial


O adestrador da selección española de fútbol, Luis de la Fuente  (EFE/ Juan Carlos Hidalgo)

O xuíz do caso Rubiales cita como testemuña o seleccionador Luis de la Fuente

29/09/2023 13:56

Tamén cita o director de Comunicación da RFEF, Pablo García-Cuervo


O xuíz do caso Rubiales cita o exseleccionador Jorge Vilda como investigado

27/09/2023 12:50

O director da selección Albert Luque, que ía comparecer este xoves ocmo testemuña, tamén será citado como investigado


Olga Tabau (d), a avogada de Luis Rubiales, a súa chegada ao xulgado (EFE/ Fernando Alvarado)

Un irmán e unha amiga de Hermoso ratifican presións para xustificar o bico de Rubiales

25/09/2023 14:41

Dous peritos encargados polo expresidente da RFEF tratan de demostrar que o bico foi consentido


O día 2 de outubro declararán tres futbolistas da Selección

Declaran o irmán e unha amiga de Jenni Hermoso no caso Rubiales

25/09/2023 08:51

Tamén están citados dous peritos da defensa de Rubiales


O xuíz do caso Rubiales cita como testemuñas tres compañeiras de Jenni Hermoso

22/09/2023 13:51

Estas novas citacións únense ás doutros catro responsables da Federación que xa foron chamados polo xuíz


A selección e a RFEF asentan as bases para unha nova etapa no fútbol feminino

20/09/2023 20:48

Vinte e unha das convocadas viaxarán a Suecia. Mapi León e Patri Guijarro volven á casa

A RFEF e o CSD asumen por escrito as reivindicacións das futbolistas 

Non se sancionará as desconvocadas e haberá unha profunda e inmediata reestruturación do organigrama da Federación


Luís Rubiales declara na Audiencia Nacional (EFE/Sergio Pérez)

O xuíz prohibe a Rubiales achegarse a Jenni Hermoso ou comunicarse con ela

15/09/2023 15:30

O maxistrado atendeu parcialmente a petición da Fiscalía e a acusación particular que exerce a futbolista 

Con todo, rexeitou impoñerlle a obrigación de comparecer periodicamente perante o xulgado ou embargar de forma preventiva os seus bens


Rubiales está investigado polos delitos de agresión sexual e coaccións

Rubiales declara na Audiencia Nacional pola acusación de agresión sexual a Hermoso

15/09/2023 08:02

O expresidente da RFEF previsiblemente repetirá os argumentos que veu mantendo desde a final do Campionato do Mundo de fútbol feminino e insistirá en que o bico que lle deu á xogadora foi consentido


O xuíz cita este venres a Rubiales para declarar como investigado

12/09/2023 13:07

Considera que o xa expresidente da RFEF puido incorrer nun delito de agresión sexual e outro de coaccións


Jennifer Hermoso denuncia a Luis Rubiales ante a fiscalía

06/09/2023 15:08

A Fiscalía presentará "o máis axiña posible" unha querela contra Rubiales ante os Xulgados Centrais de Instrución da Audiencia Nacional

A futbolsita formalizou este martes a denuncia na sede da Fiscalía Xeral do Estado, quen considera que o bico "non foi consentido"


Sánchez nun acto do PSOE en Málaga este sábado

Sánchez sobre Rubiales: "Non pode aspirar a representar a España e deixala mal con actitudes que nos avergonzan"

02/09/2023 19:39

Cre que a seleccion feminina de fútbol gañou dúas veces, unha no campo e outra dando unha lección de igualdade

Nega que o caso Rubiales dane a marca España: "A reacción foi exemplar"


O adestrador da selección española de fútbol, Luis de la Fuente  (EFE/ Juan Carlos Hidalgo)

De la Fuente di que as críticas por aplaudir a Rubiales "son merecidas": "Pido perdón"

01/09/2023 13:06

O seleccionador masculino de fútbol considera que non ten que dimitir: "Pensaba que estaba nun acto protocolario de despedida do presidente, pero transformouse nunha situación diferente para a que non estaba preparado"



Yolanda Díaz pon o foco na discriminación retributiva e na falta de paridade no fútbol profesional

28/08/2023 14:34

A vicepresidenta segunda en funcións recibe representantes de Futpro, o sindicato maioritario do fútbol feminino


Asemblea da RFEF celebrada o venres nas Rozas baixo a presdencia de Luís Rubiales

A Federación de Fútbol convoca hoxe os presidentes rexionais para "analizar a situación"

27/08/2023 12:31

Unha reunión "extraordinaria e urxente" para analizar e avaliar a suspensión temporal que pesa sobre Luis Rubiales por parte da FIFA

O presidente interino, Pedro Rocha, próximo a Rubiales busca tomar medidas tras os recentes acontecementos: a inhabilitación do anterior dirixente e a dimisión de gran parte do equipo de Jorge Vilda


A RFEF borra o comunicado en que arremetía contra Hermoso tras asumir Rocha a presidencia interina

26/08/2023 18:34

A Federación continuaba no escrito a batalla contra a xogadora tras a suspensión de Rubiales

No novo ataque eliminado a Jenni Hermoso insistía en que "o bico foi consentido" e en que estaba "abducida" polo seu sindicato

 

 


Unha das catro fotos que a RFEF difundiu no seu comunicado

A RFEF defende a Rubiales e trata de rebater a Hermoso cunha dura réplica e fotos

26/08/2023 11:18

A RFEF proporciona catro imaxes coa versión dos feitos do seu presidente, pero as redes sociais apuntan a que podería ser unha montaxe que non se corresponde co que reflicte o vídeo da entrega de medallas

Ameaza con denunciar a Hermoso, que insiste en que o bico non foi consentido


Jenni Hermoso: "Sentinme vulnerable e vítima dunha agresión"

25/08/2023 21:16

A campioa do mundo di que lle pediron facer unha declaración conxunta para rebaixar a presión sobre o presidente

Publicidade
Publicidade