Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jennifer Hermoso denuncia a Luis Rubiales ante a fiscalía

Jennifer Hermoso denuncia a Luis Rubiales ante a fiscalía

A Fiscalía presentará "o máis axiña posible" unha querela contra Rubiales ante os Xulgados Centrais de Instrución da Audiencia Nacional

A futbolsita formalizou este martes a denuncia na sede da Fiscalía Xeral do Estado, quen considera que o bico "non foi consentido"

G24.gal 06/09/2023 15:08 Última actualización 06/09/2023 16:08

A futbolista Jenni Fermoso formalizou a súa denuncia contra Luís Rubiales, presidente suspendido da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), polo bico na boca que este lle deu na entrega de medallas do mundial en Sídney, un paso que motivará a presentación dunha querela pola Fiscalía.

Pouco máis dunha semana despois de que o ministerio fiscal lle ofrecese a oportunidade de emprender accións legais contra Rubiales como vítima dun presunto delito de agresión sexual, a xogadora da selección española decidido denuncialo ante a Fiscalía da Audiencia Nacional.

Fontes fiscais informaron de que foi onte, martes, cando Hermoso formalizou denuncia expresa contra el no marco dunha comparecencia que tivo lugar na sede da Fiscalía Xeral do Estado, en Madrid, para "protexer" a súa "privacidade".

Tras esta decisión da gañadora do mundial, esencial para continuar o procedemento, a Fiscalía presentará "o máis axiña posible" unha querela contra Rubiales ante os Xulgados Centrais de Instrución da Audiencia Nacional, dado que os feitos sucederon fóra do país, en Australia.

A Fiscalía abriu a semana pasada dilixencias de investigación tras as diferentes denuncias que particulares presentaron contra Rubiales, e fíxoo para ofrecer á xogadora a posibilidade de denuncialo por agresión sexual, e porque non dubidaba de que aquel bico "non foi consentido".

A Fiscalía cre que os feitos denunciados -o bico que Rubiales deu o pasado 20 de agosto na boca a Jenni Hermoso mentres agarraba "coas dúas mans a cabeza da xogadora"-, poderían ser constitutivos dun delito de agresión sexual.

No decreto no que abriu dilixencias, lembraba así mesmo que a circular da Fiscalía Xeral do Estado sobre os criterios de actuación tras a reforma dos delitos contra a liberdade sexual na coñecida como lei do "só si é si" incluía entre os actos "merecedores de reproche penal" os bicos na boca, segundo varias sentenzas. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade