Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres xogadoras da selección declaran ante o xuíz do caso Rubiales

Tres xogadoras da selección declaran ante o xuíz do caso Rubiales

Dúas comparecerán por videoconferencia e unha de forma presencial

Serán preguntadas tanto polo bico non consentido a Jenni Hermoso como sobre as supostas coaccións durante a celebración do Mundial

Alexia Putellas, Irene Paredes e Misa Rodríguez declararán ás dez da mañá como testemuñas Alexia Putellas, Irene Paredes e Misa Rodríguez declararán ás dez da mañá como testemuñas
G24.gal 02/10/2023 08:47

O xuíz do caso Rubiales vailles tomar declaración este luns a tres xogadoras da Selección. Alexia Putellas, Irene Paredes e Misa Rodríguez están citadas ás dez da mañá como testemuñas. Dúas comparecerán por videoconferencia e unha de forma presencial. Serán preguntadas tanto polo bico non consentido a Jenni Hermoso, á que seguían na fila na entrega dos trofeos, como sobre as supostas coaccións durante a celebración do Mundial.

Para a semana que vén declarará o exseleccionador Jorge Vilda, pero como imputado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar