Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jenni Hermoso ratifica ao xuíz que o bico de Rubiales non foi consentido e sufriu presións

Jenni Hermoso ratifica ao xuíz que o bico de Rubiales non foi consentido e sufriu presións

A futbolista declarou na Audiencia Nacional que o bico "foi inesperado e en ningún momento consentido"

Tamén afirmou que despois, tanto o voo de volta a España como na súa estancia en Eivisa, os investigados "metéronlle presión" de forma constante

Jenni Hermoso tras declarar na Audiencia Nacional (EFE/Mariscal)
EFE 02/01/2024 12:56 Última actualización 02/01/2024 14:40

A campioa do mundo Jenni Hermoso confirmou ante o xuíz que o bico que lle deu o expresidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) Luis Rubiales tras a final do mundial en Sydney non foi consentido e que sentiu presión para saír na súa defensa publicamente.

A futbolista acudiu este martes á Audiencia Nacional para declarar ante o maxistrado que investiga a Rubiales, inhabilitado pola FIFA, por un delito de agresión sexual e outro de coaccións polo sucedido tras a vitoria do mundial da selección o pasado 20 de agosto.

Como se esperaba e na liña coa declaración que prestou ante a Fiscalía, a xogadora ratificou a súa versión, o que supón unha dilixencia clave no marco da causa, que xa encarou a súa recta final na Audiencia Nacional.

Segundo apuntaron fontes xurídicas, Hermoso afirmou que o bico "foi inesperado e en ningún momento consentido", e que despois, tanto o voo de volta a España como na súa estancia en Eivisa, os investigados "metéronlle presión" de forma constante, o que "alterou a súa vida normal, producíndolle unha situación de desasosego e tristeza".

Por estas condutas ocorridas despois da final do último mundial, a Luis Rubiales atribúenselle os delitos de agresión sexual e coaccións. Polo delito de coaccións tamén están sendo investigados o exseleccionador Jorge Vilda e os directivos de Federación Española de Fútbol, Albert Luque e Rubén Rivera.

Unha vez escoitada a Hermoso, o xuíz deberá decidir se aproba novas dilixencias ou dá por rematada a instrución e envía a Rubiales e os outros tres investigados a xuízo.

Á saída da súa declaración, que estivo rodeada dunha grande expectación mediática, a internacional declarou ante os medios que a esperaban ás portas do tribunal que "foi todo ben" e que "xa todo queda en mans da xustiza".

Jenni Hermoso, que afirmou que se atopa "moi ben" e "forte", foi a última en declarar nunha causa que botou a andar o pasado mes de setembro e que encara xa a súa recta final. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar