En Galicia hai uns tres mil cogomelos catalogados, aínda que só son comestibles 35

En Galicia hai catalogados máis de tres mil cogomelos e cada tempada inclúense moitos máis

Só unha mínima parte se aproveita na cociña

G24.gal 29/10/2023 11:41

Oitenta persoas de todas as idades participaron nas xornadas micolóxicas celebradas en Santa Cruz de Ribadulla, no concello de Vedra, nunha edición en que fixeron doce anos. 
 

"Para que a xente poida interpretar os cogomelos, saber que partes os compoñen, como se relacionan cos ecosistemas, por que están relacionados a unha determinada árbore".

Pretenden facer educación ambiental e afondar nas propiedades dos cogomelos, por exemplo, na depuración das augas ou como medicamentos. Ir máis alá dos que se comen ou non, aínda que sexa moi importante distinguir os tóxicos.

"A toxicidade das especies sábese de xeración en xeración, por transmisión oral ou escrita. Non se pode saber polo aspecto nin pola descrición nin polo que ten ou non ten ese cogomelo se vai ser tóxico ou non".

"Normalmente as asociacións micolóxicas, todos os luns, despois da fin de semana, temos un par de horas para que a xente que queira traia as súas cestas e lle poidamos dicir se os cogomelos son bos ou non".

As xornadas remataron cun convite. O menú completo, elaborado con cogomelos pouco valorados, incluíu un pan de millo corvo aromatizado con lepiota, arroz tintado con Pisolithus tinctorius, carne de xabaril e un xeado dunha especie de boletos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos