Unha profesora consegue 41.000 firmas para que prohiban o móbil antes dos 16 anos

O primeiro móbil propio chega de media aos 10,9 anos

 

G24.gal 13/11/2023 21:43 Última actualización 13/11/2023 22:00

O debate sobre o momento de ter o primeiro móbil continúa crecendo. Unha profesora e nai de Barcelona iniciou unha campaña en CDhange.org para pedir que os menores de 16 anos teñan prohibido por lei o teléfono móbil. Na primeira semana conseguiu máis de 40.000 firmas.

A idade media en que chega un móbil propio, con datos e dispoñible as 24 horas, é de 10,9 anos, segundo indica o profesor de Psicoloxía Antonio Rial Boubeta, que cita un estudo de Unicef do ano 2021 que coordinaron dende a Universidade de Santiago.   

O profesor insiste en que a esas idades facer un uso intensivo do móbil só pode ter consecuencias negativas, como peores hábitos de vida, sedentarismo e novas formas de adicción, e implica taxas de depresión infantil e xuvenil ata tres e catro veces superiores. 

Con todo, existe división respecto ao camiño de prohibir o móbil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar