Un incendio dun camión na AP-9 obriga a cortar a estrada durante varias horas
Un incendio dun camión na AP-9 obriga a cortar a estrada durante varias horas
O condutor saíu ileso do incidente e o tráfico xa está restablecido
Sobre as 6:30 h da madrugada rexistrouse o incendio dun camión cisterna cargado de petróleo agrícola na AP-9, á altura do municipio pontevedrés de Portas.
O condutor detivo o automóbil en plena autoestrada, ao rebentar unha das rodas, que rematou por incendiarse. O lume estendeuse por todo o eixe traseiro.
O camioneiro, preocupado polo suceso, alertou o 112 e púxose a salvo na beiravía. Ademais, desenganchou a cabeza tractora.
Ata o lugar acudiu un operativo de emerxencias formado por Garda Civil de Tráfico, o GES de Sanxenxo e Protección Civil. Para facilitar a extinción do incendio cortouse o carril dirección Santiago, máis seguiu cortado ata retirar o incendiado e traspasar a mercancía a outro camión. Os 32.000 litros de gasóleo agrícola que transportaba mantívose intacto.
Agora xa está o tráfico restablecido con normalidade.