Tere Abelleira destaca que "por fin" falan só de fútbol nunha concentración

Sobre Jenni Hermoso: "Sempre quere facer piña e é algo súper bo ter ese tipo de persoas"

G24.gal 26/10/2023 18:36 Última actualización 26/10/2023 18:45

A centrocampista galega Teresa Abelleira destacou este xoves que "por fin" se fala de fútbol, algo que botou en falta na pasada concentración coa selección española, opacada polas reunións coa Real Federación Española de Fútbol e polo malestar xeral desencadeado polo Caso Rubiales.

"Chegamos mentalmente nun punto totalmente diferente. Nesta concentración fálase só de fútbol, non como na anterior. Verásenos cun plus de ritmo, a última vez por sorte saíu todo ben e temos que seguir nesta liña", dixo na conferencia de prensa previa ao choque ante Italia na Liga de Nacións 

"Ao final, con todo o que pasou tivemos que pelexar pola protección das mulleres. Aínda que non notamos o apoio da RFEF nun principio, agora si que logramos un acordo e empezamos a camiñar unidos", apuntou.

Abelleira destacou ademais a volta de Jenni Hermoso á concentración. 

"No futbolístico, todas sabemos o que pode darnos no campo. Vén de pasalo mal, pero sempre está para dar o cen por cento, sempre divertida. Sempre quere facer piña e é algo súper bo ter ese tipo de persoas".

A xogadora do Real Madrid comentou, ademais, o positivo de que creza a competencia na selección.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade