Seis detidos nunha operación antidroga no Baixo Miño

Seis detidos e comisados varios centos de plantas de marihuana e dous quilos de cocaína

G24.gal 27/11/2023 13:56

Permanece aberta, á espera de novas detencións, a operación conxunta da Garda Civil e a Policía Nacional contra o tráfico de drogas no Baixo Miño. Fontes policiais confirman a detención de seis persoas, a meirande parte en Tomiño, onde o pasado sábado atoparon unha plantación con centos de exemplares de marihuana e se incautaron tamén de dous quilos de cocaína.

A maior parte dos arrestos producíronse en Tomiño, aínda que a Garda Civil tamén practicou rexistros en Salceda, Tui e A Cañiza, polo que non se desbota que algúns dos detidos foran residentes destas localidades.

O Xulgado de Instrución numero 3 de Tui asumiu esta operación, que permanece aberta e baixo segredo de sumario. Polo momento non se sabe se o detidos forman parte dunha organización maior ou se esta operación está relacionada co tráfico de drogas aos dous lados da fronteira con Portugal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar