San José e Puentes, favoritos para reformar a estación de Atocha

O consorcio en que participan as dúas empresas obtén a mellor valoración técnica

A obra está presupostada en 514 millóns de euros

Antón Montero 09/11/2023 19:10 Última actualización 09/11/2023 20:50

O consorcio en que participan as empresas galegas San José e o Grupo Puentes e lidera a construtora Dragados toma a dianteira para reformar a Estación de Atocha en Madrid.

A súa proposta foi a mellor valorada desde o punto de vista técnico, por diante das súas dúas competidoras, encabezadas por Ferrovial e Sacyr.

Pugnan por un proxecto valorado en 514 millóns de euros que permitirá conectar nunha soa estación as dúas terminais de alta velocidade de Madrid, unha das obras ferroviarias máis importantes de España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade