A mortaldade dalgunhas especies de bivalvo preocupa as mariscadoras da ría de Pontevedra

O exceso de auga doce debido á chuvia que deixaron os temporais provocou a baixada da salinidade

G24.gal 14/11/2023 13:37

Segunda xornada de traballo para os mariscadores das contrarias de San Telmo, Lourizán e Raxó que onte retomaron a campaña extractiva despois de semanas de paro polos temporais. Ese exceso de auga doce provocou a baixada da salinidade e unha elevada mortaldade dalgunhas especies, o que suscitou moita preocupación onte no colectivo.

A boa nova foron os prezos, entre 16 e 21 euros o quilo. Hoxe traballaron noutro banco e aínda que manteñen a prudencia, os resultados foron mellores. Cubriron a cota dun quilo de ameixa fina e 8 de xapónica.

Esta semana comproban como están os distintos bancos coa ollada posta na campaña de Nadal, pero tamén máis alá, porque lles preocupa o resto do ano se a produción non mellora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade