Preocupación en Ribeira polo aumento de 'okupas'

Tras 4 anos de conflitos, a situación no barrio ribeirense das Avesadas atópase no límite

G24.gal 06/11/2023 16:42

O  problématico edificio das Avesadas, situado na rúa Xosé Ramón Barreiro de Ribeira, está a sufrir nos últimos meses un incremento do número de okupas. O incendio fai unhas semanas dunha narcocasa, considerada un dos puntos de venda de droga máis importantes do municipio, pode ser unha das causas da recente chegada de novos inquilinos ao inmoble deste barrio ribeirense.

Os veciños, fartos das liortas, sucidade, roubos e incendios provocados polos inquilinos do inmoble ocupado dende hai 4 anos, comentan que se atopan "saturados" por esta situación. Ademais, engaden que existen pelexas constantes entre eles, consomen drogas e deixan un ambiente "un pouco enrarecido" no barrio.

Malia estar ocupado ilegalmente, os veciños afirman que os inquilinos sacan rendibilidade do inmoble: "Ao que non paga bótano fóra, ou sexa que aquí non entra calquera". Ademais, segundo comentan os veciños, o edificio carece de cédula de habitabilidade polo que atopan moitas dificultades para vender coma unha vivenda, o que augura un futuro incerto para o barrio ribeirense da Avesadas.











 




 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar