Os colexios terán un punto laranxa para denunciar o acoso de xeito anónimo

A Xunta quere poñer en marcha este curso o Plan contra o acoso e o ciberacoso escolar

G24.gal 02/12/2023 13:23 Última actualización 02/12/2023 14:00

Que os colexios e institutos sexan seguros, inclusivos e respectuosos é o obxectivo do Plan integral contra o acoso e o ciberacoso escolar, que a Xunta quere empezar a aplicar este curso e durante o seguinte.

"Non só se trata dun problema escolar onde intervén algún docente ou algún alumno, queremos achegar a moitas partes implicadas, tamén no ámbito das familias, que é unha peza fundamental en todas as fases do acoso, incluso antes de que se xere, e tamén ás distintas Administracións".

Unha das novidades do plan é o punto laranxa, unha caixa de correo, real e virtual, onde denunciar de xeito anónimo os casos de acoso. Instalaranse nos centros educativos, nos centros xuvenís e residenciais.

"Unha caixa de correos, de cor laranxa para que sexa facilmente identificable polo alumnado, onde calquera alumno ou calquera alumna que precise axuda, sexa ou non acoso escolar, vai ter un lugar onde depositar unha denuncia, unha chamada de atención".

O plan habilitará un proceso para que as vítimas de acoso sexan derivadas aos servizos de saúde mental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar