Os máis pequenos de Boiro gozan das exhibicións benéficas da Garda Civil

Co fin de recoller alimentos para os veciños máis desfavorecidos, a Garda Civil está facendo demostracións dos seus equipos no polideportivo de Santa Baia

G24.gal 13/11/2023 16:10

A Garda Civil de Boiro está a realizar, dende este luns, exhibicións dos seus equipos de traballo no polideportivo de Santa Baia. Escolares e todo o público que o desexe pode ir ver as súas demostracións e axudar cun quilo de comida.

Os primeiros visitantes foron os escolares de Boiro, que foron partícipes desta iniciativa solidaria ao facer entrega dun quilo de alimento non perecedoiro. Os equipos de especialistas en actividades subacuáticas, intervención cidadá, grupo criminalístico, tráfico, costas e mesmo o Seprona amosaron aos máis pequenos o seu labor.

O principal obxectivo desta exhibición da Garda Civil é a de animar a xente a sumarse e axudar os veciños máis desfavorecidos. Ademais, a Portavoz da Garda Civil, Lola Amado, sinala que esta iniciativa serve para que os centros escolares coñezan as ferramentas que hai a nivel policial e para "darlle toda a seguridade ao menor cando exista un problema".

Esta tarde será a quenda para os maiores e todos aqueles que, ademais de achegarse ao traballo da Garda Civil, axuden cunha pequena contribución solidaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade