Os bombeiros dos parques comarcais seguen coas protestas

Este martes a manifestación diante da Deputación de Lugo transcorreu sen incidentes 

As catro deputacións provinciais consideran excesivas as súas reivindicacións

G24.gal 31/10/2023 16:38

Os bombeiros dos parques comarcais continúan coas súas protestas para esixiren melloras laborais e salariais.  

Hoxe manifestáronse diante da Deputación de Lugo e fixérono vestidos coa súa roupa de traballo e portando un ataúde con coroas de flores. Este martes a protesta transcorreu sen incidentes .

As catro deputacións provinciais consideran excesivas as reivindicacións dos bombeiros e aseguran que os salarios e as condicións de traballo melloraron desde que os parques volveron á xestión pública.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade