Cargando resultados...
O Tribunal Constitucional avala o imposto de solidariedade de grandes fortunas
O Tribunal Constitucional avala o imposto de solidariedade de grandes fortunas
O imposto temporal de solidariedade de grandes fortunas, aprobado para os anos 2023 e 2024, afecta os patrimonios netos superiores a 3 millóns de euros

G24.gal
07/11/2023 12:25
O Tribunal Constitucional rexeitou o recurso presentado pola Comunidade de Madrid contra o imposto ás grandes fortunas que o Goberno rexional presentara en febreiro deste ano por consideralo "un atentado" contra a Comunidade de Madrid, avalando así esta taxa, segundo confirmaron a EFE fontes xurídicas.
O imposto temporal de solidariedade de grandes fortunas, aprobado para os anos 2023 e 2024, afecta os patrimonios netos superiores a 3 millóns de euros, devindícase o 31 de decembro de cada ano e a presentación da declaración prodúcese entre o 1 e o 31 de xullo.