O salón gastronómico Xantar está aberto en Expourense do 2 ao 5 de novembro

Este ano as entradas son de balde

G24.gal 02/11/2023 14:47

Un dos mellores acubillos para sortear as borrascas pode ser o salón gastronómico Xantar, que se desenvolve desde hoxe e ata o domingo en Expourense. É unha cita clásica xa, con 24 edicións de historia. Un salón que avoga por unha alimentación saudable, pracenteira.

A gastronomía é cultura e coñecemento. E o salón de Xantar é a única feira enogastronómica con marchamo internacional do Ministerio de Industria.

Este ano únense países latinoamericanos como O Perú, Guatemala ou Colombia. 

Outra das novidades desta edición é que a entrada é gratis. Dentro despois pódense mercar todo tipo de produtos, desde botelo ata foie. Xantar nun dos restaurantes, optar por participar nos pestiscos das desgustacións, ou por formarse sobre os aspectos concretos nas xornadas técnicas.

 "Este ano coa presenza especial da zona de Valdeorras que ven con dous restaurantes e representación de todas as súas festas gastronómicas. De Portugal temos representación de máis de 20 cámaras", dixo Rogelio Martínez, xerente de Expourense, director de Xantar.
 

Hai un túnel do viño, obradoiros de cociña con chefs internacionais, cociña vasca, zamorana. E, a cada paso, catas e probas para coñecer e degustar os sabores propios e os descoñecidos. Unha oferta que este ano se completa coa posibilidade de xantar de tapas. Esperan mais visitantes ca nunca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade