Cargando resultados...
O Porriño rozou a sorpresa na pista do Málaga, actual campión de liga
O Porriño rozou a sorpresa na pista do Málaga, actual campión de liga
O Porriño mantense no quinto posto da clasificación
G24.gal
16/11/2023 16:04
Última actualización 16/11/2023 18:02
O Conservas Orbe Rubesa Porriño rozou a sorpresa na pista do Málaga, actual campión de liga. Perderon por 17-15. Foi un partido con poucos goles: 8-7 no descanso.
As galegas chegaron aos dous últimos minutos con opcións de puntuar. Malena Valles foi a máxima realizadora con 4 goles. O Porriño mantense no quinto posto da clasificación.