O Pazo decidirá a clasificación do Breogán para a seguinte fase da Champions

O equipo galego perdeu na pista do Bursaspor (77-65)

Unha vitoria diante do Bonn daríalle a clasificación e mesmo podería pasar se o Bursaspor perde na pista do Holon

G24.gal 06/12/2023 20:24

A clasificación do Río Breogán para a seguinte rolda da Basketball Champions League terá que agardar. Podía conseguilo se gañaba na cancha do Bursaspor, pero só aguantou na pista turca o que lle durou o acerto desde o perímetro a Ceonner Frankamp. O americano logrou 4 triplas no primeiro cuarto. Foi unha imaxe inexacta do que é a realidade do Breogán cando se fala de acerto ofensivo.  Os galegos non chegaron ao 40 por cento de acerto nos tiros de campo, cun 27 por centro nas triplas. Os mancados Sergi García e Momo Diouf botáronse en falta.

Con ese decaemento na ofensiva, o partido foise indo. Menos 4 ao final do primeiro cuarto, menos 11 no descanso e menos 18 á conclusión do terceiro cuarto. O Breogán temeu incluso pola diferenza de puntos particular, polos 20 que obtivo en Lugo. Unha canastra de Jordan Floyd deulles esa vantaxe momentaneamente aos turcos.

Daquela, Justin Anderson asumiu galóns e reponsabilidade para anotar 14 puntos nos últimos 5 minutos. O norteamaricano foise ata os 18, polos 17 de Frankamp, os únicos referentes dun equipo que non amosa síntomas de mellora. O acceso para a seguinte fase da BCL está na man. Ao abeiro do Pazo, o Breogán ten que lograr o mesmo resultado que o Bursaspor. Será o día 20. Antes, tocaran citas importantes pola permanencia na ACB. O vindeiro sábado toca a visita a un rival directo, o Bilbao Basket.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos