O Deportivo busca a recuperación nunha xornada en que Lugo e Celta Fortuna aspiran ao liderado
O Deportivo busca a recuperación nunha xornada en que Lugo e Celta Fortuna aspiran ao liderado
Os de Idiákez reciben a S. D. Logroñés (19 h, G2 e G24)
Tamén poderemos ver mañá o Lugo contra a Cultural (17 h, G2 e G24)
A desfeita do partido de Irún marcou unha semana de autocrítica no Deportivo. Moitas conversas e propósitos de emenda cara ao partido de hoxe en Riazor. Será as sete, ante a Sociedade Deportiva Logroñés, en directo na nosa segunda canle. Sen marxe de erro, o equipo coruñés volverá sentir toda a presión. Idiakez non ten previsto facer ningunha revolución ante o conxunto rioxano, que chega a este encontro cun punto menos que o Deportivo.
Tamén hoxe xoga o seu partido o Arenteiro. Con tres puntos de marxe sobre o descenso, os de Javi Rey visitan o líder, a Real Sociedade B, en Zubieta. Todo un reto para o que os do Carballiño están preparados.
O Arenteiro visita o líder e o Lugo recibe o colíder, a Cultural Leonesa. O encontro do Anxo Carro verémolo mañá domingo as cinco na G2. Un partido que os de Pedro Munitis afrontan a só dous puntos do seu rival e nun momento de moita confianza nas súas posibilidades.
E o Celta Fortuna, tamén na tarde dominical, recibirá en Barreiro o Unionistas co obxectivo de esquecer a derrota da pasada xornada en Sestao.