O Celta sumou 8 puntos nas primeiras 14 xornadas, a cifra máis baixa desde a 95/96

Ao Celta réstanlle cinco partidos para que remate a primeira volta: Cádiz, Raio, Granada, Vilarreal e Betis

Foto EFE
G24.gal 28/11/2023 15:16 Última actualización 28/11/2023 15:22

O Celta só sumou 8 puntos nas primeiras 14 xornadas e, aínda así, o equipo está a un só punto da salvación. O equipo vigués está asinando un mal arranque de Liga, pero ao seu arredor hai varios equipos que tampouco logran sumar vitorias, así que este ano a permanencia pode ser a máis barata dos últimos anos.

Ao Celta réstanlle cinco partidos para que remate a primeira volta. Ante Cádiz, Raio, Granada, Vilarreal e Betis.

Dende a temporada 95/96, momento en que se instaurou o valor de tres puntos por vitoria, a cifra de puntos máis baixa a estas alturas era de dez. Ocorreu en catro temporadas. Neses anos, o descenso estivo marcado por diferentes puntuacións:

-39 na 2006/07, curiosamente o Celta foi o último equipo descendido, no mesmo ano que xogou UEFA.

-Con 43 puntos baixouse na 10/11, o Deportivo

-Con 32 na 14/15, o Almería

-Con 29 puntos descendeuse no 2018, se ben nesa ocasión o último equipo en salvarse sumou 43.

Así, a mellor terapia ou remedio para mellorar a saúde deportiva é sumar o maior número de puntos posible, comezando este luns ante o Cádiz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar