Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Dépor Abanca busca o seu primeiro triunfo en Riazor ante un Athletic en construción

O Dépor Abanca busca o seu primeiro triunfo en Riazor ante un Athletic en construción

Fran Alonso non poderá contar con Espe Pizarro, lesionada de longa duración, nin con Mariña, ao estar cedida polo Athletic

Foto Deportivo
G24.gal 12/09/2025 13:43 Última actualización 12/09/2025 13:52

O Deportivo Abanca afronta este domingo un duelo de altos voos en Riazor fronte ao Athletic Club, un clásico da liga F que chega cargado de expectativas. As herculinas queren brindarlle á súa afección a primeira vitoria da tempada tras un inicio con boas sensacións, pero sen o premio dos tres puntos.

"Non sei se é bo momento para xogar contra o Athletic, pero queremos os tres puntos"

O Dépor non poderá contar con Espe Pizarro, lesionada de longa duración, nin con Mariña, ao estar cedida polo Athletic. En cambio, Vera podería reaparecer tras adestrarse parcialmente co grupo e Milene apura prazos para regresar pronto.

Fran Alonso subliña que estas ausencias son unha ocasión para que outras xogadoras dean un paso adiante e se consoliden no once.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade