Cargando resultados...
Starfeldt podería regresar ante o Xirona
O sueco evoluciona moi ben e hoxe fixo un adestramento parcial

G24.gal
09/09/2025 16:56
Última actualización 09/09/2025 19:09
O Celta retoma o traballo para preparar o partido contra o Xirona. Un encontro en que se podería recuperar a Starfeldt, que evoluciona moi ben, hoxe fixo un adestramento parcial e podería ser a gran novidade ante o Xirona.
O equipo catalán está en caída libre: último da táboa de primeira, dez goles encaixados en tres xornadas e moi malas sensacións. A parada de seleccións tamén marcou a vida no vestiario do Xirona, xa que seis dos seus xogadores foron convocados.