Publicador de contidos

Publicador de contidos

A UEFA autoriza a instalación da bancada supletoria en Gol

A UEFA autoriza a instalación da bancada supletoria en Gol

A nova bancada terá capacidade para 600 espectadores e estará operativa a partir do próximo 2 de outubro

G24.gal 10/09/2025 12:14 Última actualización 10/09/2025 12:18

O Celta estará un pouco máis arroupado nos seus partidos de casa despois de que os responsables da UEFA desen o visto e prace á instalación dunha bancada supletoria en Gol, cuxa tribuna se está reformando para completar a remodelación do estadio.

A nova bancada terá capacidade para 600 espectadores e estará operativa a partir do próximo 2 de outubro, coincidindo co partido de Europa League ante o PAOK de Salónica, primeiro dos choques continentais que o conxunto celeste vai disputar no estadio vigués na fase de grupos da competición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade