Hidalgo non esconde que o Deportivo debe pelexar polo ascenso
O Dépor xoga mañá en Vitoria ante o Mirandés
Hidalgo non poderá contar con Gragera nin con José Ángel por lesión, pero si con David Mella
Desde a súa chegada, Antonio Hidalgo foi moi claro co obxectivo do Deportivo esta tempada. O equipo coruñés quere dar un paso adiante e pelexar polo ascenso. De feito, o contrato do adestrador está supeditado, na súa segunda tempada, a xogar na máxima categoría.
Preguntando sobre pros e contras de verbalizar ese obxectivo, Hidalgo foi moi claro.
"Na vida hai que ser franco e ir coa verdade por diante. Se che contase outra cousa, non me crerías. Cando me contratan, as conversacións e todo o relacionado co meu contrato van por ese camiño"
O primeiro que se pon esa meta é el. Non só polo que pon no seu contrato. Considera que o cadro de xogadores que lle puxeron á súa disposición é para estar neses números.
"Temos talento para que iso suceda. Agora é a miña responsabilidade sacar o máximo rendemento".
O Dépor acumula dúas vitorias e dous empates nas catro primeiras xornadas e mañá visita o Mirandés en Mendizorroza desde as 16:15 horas. Non poderá contar con Gragera nin con José Ángel por lesión, pero si con David Mella despois de estar concentrado coa selección española sub-20