O Celta Fortuna rompe a serie triunfal no campo do cabeiro (1-0)

Leandro, de penalti, marcou o único gol do partido

G24.gal 05/11/2023 18:57

O Celta Fortuna deixou o liderato nas Llanas ante un Sestao máis tenso e intenso durante o primeiro tempo, en que dispuxo de claras ocasións para marcar, como neste disparo de Jon Guruzeta que desvían Rully e o poste.

Foi o preludio do primeiro e único tanto do partido, nunha acción en que o colexiado sinala penalti nunha xogada entre Joel López e Guruzeta que transforma Leandro no un a cero.

Vinte e oito minutos tardaron os vigueses en achegarse con perigo á meta sestaotarra. Dispuxeron dunha cuádrupla oportunidade rexeitada por Unai Ruíz e a súa defensa celebrada polo público das Llanas. Un Unai Ruíz que volvería aparecer no último minuto do primeiro tempo para salvar o seu equipo.

No descanso, Claudio Giráldez realizou un triplo troco. Deu entrada a Domínguez, Miguel Román e Pablo Durán e nada máis volveren da caseta, nunha contra, Raúl Blanco dispón dunha boa ocasión para empatar, pero o seu disparo marcha fóra. Jon Cabo estivo a piques de facer o segundo, pero Rully detivo con acerto.

Co Celta debruzado buscando a igualada, o Sestao consegue sacar unha contra cortada en falta por Yoel Lago, que vía o seu segundo cartón amarlo a tres minutos do final. Despois de sete partidos invicto, o Celta deixou de ter Fortuna.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade