O Cangas paga caro o mal inicio na pista do Cidade Encantada (33-28)

O equipo local abriu unha fenda de sete goles de inicio (11-4)

O Cangas, da man de Mario Dorado, púxose a catro goles (27-23), pero non culminou a remonta

G24.gal 08/11/2023 22:20

O Cangas Frigoríficos do Morrazo perdeu na pista dun Cidade Encantada en forma que sumou a terceira vitoria consecutiva na Asobal (33-28). O cangués Mario Dorado foi o xogador máis destacado do partido para os galegos, con dez goles. Por parte local Daniel Neves estivo espectacular anotando once.  

O mal inicio de partido custoulles demasiado caro aos de Nacho Moyano. Un 8-2 e un 11-4 déronlles aos locais unha vantaxe con que xogaron durante o resto do partido. Ao descanso a marxe era de seis goles (16-10). 

O Frigoríficos buscou a reacción ao longo de todo o segundo tempo. Conseguiu poñerse a catro goles (27-23) pero xa non baixaría desa diferenza. Os dous equipos pasaron a intercambiar goles e os de Cuenca acabaron sentenciando nos últimos minutos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos