O Breogán aguanta ata o último minuto en Xirona, pero acaba perdendo (87-83)

Momirov, con 16 puntos, foi o máximo anotador do partido

Os de Mrsic non foron quen de manter unha vantaxe de 5 puntos nos últimos dous minutos

Foto: EFE
G24.gal 18/11/2023 22:44

O Breogán viu freada a súa reacción cunha derrota en Xirona que se confirmou no último minuto, e que o mantén na zona perigosa da clasificación. Malia aos 16 puntos de Momirov, máximo anotador do partido, os de Mrsic viron como fuxía a vitoria nos momentos finais.

O Xirona comezou mandando no primeiro cuarto, cun parcial de 30-24 que o mandaba por diante á primeira pausa con 8 puntos de Brown e 7 de Colom. Chegou entón o mellor parcial para o equipo galego, que se impuxo no segundo por 15 a 24 comandado por Anderson e Momirov para marchar por diante ao descanso (45-52)

Na segunda metade, o Xirona volveuse impoñer nos dous parciais, ata chegar ao momento decisivo con vantaxe galega. Unha tripla de Sergi García dáballe unha vantaxe de cinco puntos ao Breogán (78-83) a falta de dous minutos. Pero Iroegbu marcou a diferenza. Xogou a acción decisiva con empate a 83 e, cunha entrada a canastra, darlle a vantaxe aos cataláns que, despois, defenderon con éxito o saque galego para facerse co partido. O 87 a 83 final deixa o Breogán con tres vitorias, e evita a confirmación da súa recuperación despois da anterior vitoria contra o Joventut.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos