O Bono Turismo da Xunta esgótase en dez minutos
O Bono Turismo da Xunta esgótase en dez minutos
Desde este venres ás 9:00 podíanse descargar os 10.000 vales de desconto que ofertaba a Xunta para empregar en estancias e destinos turísticos en Galicia ata o 25 de decembro

Desde as nove da mañá deste venres podíase descargar o Bono Turismo da Xunta. Había 10.000 dispoñibles que permitirán descontos en aloxamentos e axencias de viaxes galegas, e os 10.000 voaron. Dez minutos despois de que a web permitira a descarga estaban todos esgotados.
O Bono Turismo da @Xunta, esgotado en menos de 10 minutos! Moitas grazas a todos pola participación e, agora, gozade moito das vosas estadías en Galicia este outono!#Galicia #BonoTurismo pic.twitter.com/iMoMkjR7pk
— Turismo de Galicia (@Turgalicia) October 27, 2023
Os que conseguiron un deses bonos teñen ata o 25 de decembro para empregalos. Teñen un valor de 100 euros, cos que se pode gozar dun desconto de ata o 40 % en cada compra ata esgotar o saldo do bono.
A Xunta prevé mobilizar 2,5 millóns de euros. As empresas interesadas en formar parte desta iniciativa teñen ata o 1 de decembro para inscribirse.