O Arenteiro abre na G2 unha nova xornada de 1ª RFEF

Os ourensáns son o único galego que xoga na casa, ás 19 h contra o Fuenlabrada

O Lugo pecha mañá a participación en Salamanca (19 h, G2)

Tamén mañá xogan o Deportivo e o Celta Fortuna ás 16 h

G24.gal 04/11/2023 13:46

A última xornada de liga foi perfecta e o balance da Copa tamén exitoso. A posibilidade de pechar unha semana inmellorable para os nosos equipos da Primeira RFEF está aí. Xunto ao futbolístico, ás fortalezas do rival, engádese o aspecto físico. É o que lle agarda o Arenteiro, que esta tarde recibe o Fuenlabrada na primeira cita da G2. O Espiñedo debe proporcional esas forzas suplementarias.

As outras citas serán a domicilio e a segunda delas na nosa canle será a que peche a xornada. Un Lugo en forma busca o sexto triunfo seguido entre liga e copa. Pera iso deberá gañar no campo do Unionistas, algo que ninguén conseguiu desde febreiro.

Outro locatario difícil éo Real Unión, o adversario que lle agarda a un Deportivo que se instala na onda positiva. Porén, esta mañá coñeceu a baixa de Mella cunha lesión muscular. Irún pode marcar o definitivo cambio de dinámica.

E o que non pode estar máis arriba na táboa é o Celta Fortuna, que defenderá o liderado nun partido de extremos, pois visita o campo do último, o Sestao River. O rival non coñece a vitoria en dez partidos. Un exceso de confianza podería ser o inimigo máis perigoso dun filial que polo de agora exhibe moitos recursos e poucas fraquezas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade