No pequeno comercio hai quen se suma ao Black Friday "porque non queda outra"

No sector do téxtil e os complementos consideran que lles rompe a campaña de outono

Na maioría das tendas os descontos van desde o dez ata o trinta por cento 

G24.gal 24/11/2023 14:09

As promocións asociadas ao venres negro esténdense cada vez a máis sectores do mercado, aínda que no pequeno comercio algúns senten que é unha estratexia inoportuna na que participan porque non lles queda outra. 

Os descontos nas tendas oscilan na maioría dos casos entre o dez e o trinta por cento, aínda que hai que amplía esta marxe nalgúns artigos para poder poñer o reclamo de porcentaxes de "ata" o 40 ou o 50 %.

Cada ano vai a máis a duración da promoción. O que empezou sendo un día, agora xa é máis ben unha black week ou mesmo un black november. Os comerciantes xa o consideran máis ben un adianto da campaña de Nadal.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade