Moncho Fernández cre que o Granada ten "máis xogo que vitorias"

O técnico santiagués podería facer debutar o base internacional ucraíno Oleksandr Kovliar

Foto @OBRADOIROCAB
G24.gal 24/11/2023 12:41 Última actualización 24/11/2023 12:46

O adestrador do Monbus Obradoiro, Moncho Fernández, considera que o Coviran Granada ten “máis xogo que vitorias” na liga Endesa, por iso advertiu do risco de xogar sen “intensidade” ante o conxunto dirixido por Pablo Pin.

“Os números estatísticos do Granada non se corresponden co seu número de vitorias porque estiveron moi preto de gañar moitos dos partidos que logo perderon, sen ir máis lonxe o que disputaron contra o Real Madrid. Está a realizar unha moi boa tempada en canto a xogo pero non se está reflectindo con vitorias, por iso non nos podemos confiar”, afirmou.

Na súa comparecencia ante os xornalistas, o técnico santiagués lembrou que no equipo do seu próximo rival está o segundo máximo anotador da liga Endesa –o estadounidense Joe Thomasson, cunha media de 16,7 puntos por encontro-, ademais doutros xogadores de “moita calidade” como Lluís Costa, Kramer, Felicio ou Kwan Cheatham.

“É o equipo máis táctico da liga, cun repertorio ofensivo amplísimo desde o pick and roll, saídas bloqueadas, posteos de 3,4 e 5... e defensivamente tamén conta con diferentes variedades”, analizou Moncho Fernández.

Por iso, o preparador santiagués, que ten a todos xogadores dispoñibles salvo o lesionado de longa duración Rigoberto Mendoza, pediu “moita concentración” e “traballo” para superar ao conxunto nazarí.

“É un equipo que loita moito, que nunca baixa os brazos”, insistiu o preparador galego. 

Moncho Fernández podería facer debutar ao base internacional ucraíno Oleksandr Kovliar, fichado para suplir a marcha do estadounidense Eric Washington.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos