Manu Fernández: "Demostramos que somos un equipo que confiamos en nós e queremos estar arriba"

O futbolista do Celta Fortuna atendeu á Radio Galega trala vitoria en Logroño

G24.gal 03/12/2023 19:28

Con dinámica de terceiro equipo pero sendo chamado por Claudio Giráldez para cubrir as baixas en defensa do Fortuna, Manu Fernández está a afianzarse nesa liña de tres do conxunto celeste. Tras a remonta nas Gaunas e no autobús de regreso á casa, o central atendeu ao Galicia en goles para analizar o acontecido na montaña rusa ante a S. D. Logroñés

"Fomos superiores durante todo o partido e demostrámolo sobre todo na primeira parte. Tivemos erros e hai que resolvelos, porque somos conscientes de que ás veces custan puntos.  O máis normal era ir ao descanso gañando por varios goles. Chegamos ao vestiario tranquilos sabendo que eramos superiores. O fútbol son pequenos detalles pero puidemos darlle a volta ao partido. Eu creo incluso que na primeira parte as ocasións son máis claras que na segunda. Eu cheguei a pensar que acabariamos pagando o de perdoar, pero logo nós, que non somos fortes a balón parado e os goles chegaron así. O fútbol é estar tranquilo e amosamos que somos un equipo que confiamos en todos nós e que queremos estar arriba. O  primeiro é a permanencia pero a partir de aí, o que poida pasar, centrámonos no día a día".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos