Forman sobre violencia de xénero máis de 150 integrantes das forzas de seguridade
Forman sobre violencia de xénero máis de 150 integrantes das forzas de seguridade
En Galicia hai 4.700 casos de violencia de xénero activos, 1.286 homes son agresores reincidentes
Os dispositivos de control telemático protexen en Galicia 230 mulleres dos seus agresores
Pasan lista as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Os que nos protexen amplían a súa formación sobre violencia de xénero. En Galicia hai 4.700 casos activos no sistema VioGén e preto de 1.300 homes son agresores reincidentes.
"As mulleres non teñen garantidos os dereitos máis básicos que son o dereito á vida e á integridade física e psíquica. Unha vida cun mínimo de calidade, vivir sen medo a ser asaltada, agredida ou asasinada", sinala Ana Aba Catoira, decana da Facultade de Dereito da Coruña.
Penas de afastamento e o uso de dispositivos de control telemático son hoxe as medidas máis implementadas para protexer ás vítimas.
"A importancia dos medios telemáticos, a importancia de que as mulleres o teñan á súa disposición e a importancia de protexer tamén os dereitos dos presos aos que se lles pon esa pulseira", explica María Debén Alfonso, xefa da Unidade de Coordinación contra a violencia sobre a muller da Delegación do Goberno en Galicia.
230 mulleres viven hoxe en Galicia cun dispositivo telemático e outras 700 que dispoñen de atención telefónica e localización 24 horas.
"Cando ingresa co dispositivo dende o centro penitenciario ofícianse os trámites para a súa desinstalación e retirada e pídese información de cal é o órgano xudicial competente para saber como proceder no caso de excarceración do interno. Despois cando se procede á excarceración dese interno xeralmente faise en sede xudicial a súa desinstalación de cara á liberdade", explica José Ángel Vázquez Yáñez, director do Centro Penitenciario de Teixeiro.
Con todo, sinalan que a batalla conta a violencia de xénero debe comezar dende a base, loitando contra a discriminación e educando en igualdade.