Fandicosta presenta un ERTE en todos os seus centros de traballo

300 persoas traballan para a empresa 

Planta de traballo de Fandicosta Planta de traballo de Fandicosta
G24.gal 30/11/2023 10:51 Última actualización 30/11/2023 11:15

Segundo o sindicato CCOO, a empresa Fandicosta, provedora de produtos do mar, presenta un ERTE en todos os seus centros de traballo repartidos pola comunidade. Ten plantas en Domaio, Vigo e Vilagarcía e produce 35.000 toneladas ao ano

Contando con máis de 300 traballadores, segundo informa a súa páxina web, comezará as negociacións na fábrica de Domaio o próximo martes, co obxectivo de aclarar o futuro dos seus empregados.

Nesta primeira reunión, a empresa entregará copia de toda a información, incluíndo tanto a memoria explicativa coa que xustifica as causas como o tempo dos ERTE e o persoal afectado.

Dende CCOO sinalan que seguen "sen resposta de ningún tipo por parte da Xunta pola reunión solicitada de forma urxente o 17 de outubro, pese a que forman parte do capital da empresa -a través de XesGalicia- cun 12 %".

A dirección da empresa non quixo facer declaracións sobre a súa decisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar