Publicador de contidos

Publicador de contidos

Stellantis Vigo prorrogará o ERTE para 2026 e sindicatos piden outro plan de baixas incentivadas

Stellantis Vigo prorrogará o ERTE para 2026 e sindicatos piden outro plan de baixas incentivadas

Fontes sindicais prevén que a fábrica peche o exercicio con "récord histórico" de unidades polas previsións de produción

Arquivo TVG Arquivo TVG
G24.gal 26/11/2025 13:30

A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis prorrogará o expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) para 2026 e sindicatos solicitaron outro plan de baixas incentivadas a través dun expediente de regulación de emprego (ERE) despois de que este ano se acollesen a el ata 56 traballadores.

Segundo fontes sindicais consultadas por Europa Press, a compañía espera prolongar o actual ERTE ata decembro de 2026, tal e como se recollía no acordo pactado con UXT e SIT, debido a que este ano practicamente non foi utilizado.

Así, a empresa citará aos sindicatos non asinantes (CUT e Comisións Obreiras) para estender o acordo inicial ao ano que vén.

En cando ao ERE, que finalizou a mediados de novembro, este ano acolléronse ao mesmo unhas 56 persoas. Por iso, sindicatos xa trasladaron á dirección a súa intención de que leve a cabo outro expediente similar de dobre voluntariedade, que permite adherirse a todos os empregados que o soliciten para facilitar a súa saída, tanto por idade coma se teñen algún proxecto persoal.

Fontes sindicais reivindicaron que 2025 foi un "bo ano" para a fábrica, e que esperan que Stellantis Vigo peche o exercicio con "récord histórico" de unidades debido ás previsións de produción para o mes de decembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade