Estacións con menos viaxeiros e escasos atrasos na reorganización de servizos de Renfe

Os sindicatos desconvocaron a folga anunciada tras dos compromisos co Ministerio de Transportes

G24.gal 24/11/2023 14:41

Dúbidas entre os usuarios do tren ante a reprogramación que Renfe tivo que facer dos seus servizos unha vez desconvocados os paros.

Os servizos ferroviarios estanse reorganizando sen incidencias. As saídas e chegadas sucédense con normalidade, e tan só hai que apuntar pequenos atrasos, os máis importantes na estación de Vigo.

A imaxe das estacións dista moito da que presentan as estacións coincidindo coa fin de semana. Moitos viaxeiros optaron por outros medios de transporte.

A desconvocatoria dos paros anunciados polos sindicatos de Renfe e do Adif chega nunha semana de continuos atrasos dos servizos ferroviarios en Galicia.

Os sindicatos atribúen esta situación á falta de trens e de persoal en Renfe para asegurar o servizo ferroviario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade